Vai de bares.
Cando un chega a unha megacidade como M totalmente orientada ao turismo e o negocio, hai unha tarefa titánica como é atopar bares nos que sentirte a gusto, que non te timen e dispoñas dunha variedade de productos “normais”. E digo normais porque hoxe en día pódese converter nunha auténtica misión imposible facerse cun simple bocata de chourizo no centro de M.

Tés ducias de establecementos de comida turca, italiana, oriental, etc… Están os reis da fritanga e do tapeo de deseño. Pero un bocata de chourizo ou de queixo non é doado de atopar. Supoño que si os haberá nos 3 ou 4 “Museo del Jamón”, que pertencen a esa categoría de sitios aos que non entro. Simplemente porque non están feitos para min. Un sitio en pleno centro turístico, con ese nome, con xente apelotonada contra as barras correndo auténtico risco de morrer sepultados baixo toneladas de supostos xamóns que penden sobre as súas cabezas. Na entrada da miña casa da aldea sempre hai 4 ou 5 xamóns colgados, pero isto multiplícao por 10. O que me pregunto é se eses xamóns están sempre aí e xa están totalmente momificados ou se os van rotando. En 6 meses pasando por diante xamais vin a un operario descolgando un xamón, e coa xente que hai sempre (básicamente nórdicos entrados en anos que deben vir a España saber que é iso do colesterol), calculo que debe desaparecer un xamón cada media hora. En fin, que tampouco é o meu problema, pois non é un sector da hostelería que eu traballe moito.
Non hai máis remedio que patear rúas e, algunha vez “pagar o pato” para descubrir que á beira de bares megacarísimos con prezos de parque temático hai outros que por prezos normais sirven unhas racións aceptables.
A mina primeira prioridade na busca de establecementos onde calmar a sede e a fame é que neles se sirva vermouth de grifo (si, como a cervexa). A partir daí, cociña caseira sen inventos para guiris.
Saíndo do Museo del Prado basta con cruzar a avenida para entrar na rúa Huertas, a rúa máis marchosa de M, con ducias de bares de tapas, de copas e locais con música en directo (especialmente jazz e blues, o que máis teño consumido. Algún día teño que meterme nun tablao…). Case no inicio está o Bar Maceiras, unha taberna galega onde te podes sentir como se estiveras na festa do queixo de Arzúa ou na da Vincha en Cerdedo. A uns metros, nun calexón lateral está o orixinario, máis pequeno e menos invadido por guiris. Ambiente de feira, música galega (folk e folclórica, de todo. Falta Andrés do Barro) a un volume alto que obriga a falar ben alto como se estiveras na festa dos callos en Mosteiro. Todo moi rústico, prezos asequibles e decoración moi lograda (aínda que se parece máis ó parque da Warner que ó faiado da miña avoa). A grande pega deste local é o insoportable trato do persoal. As rapazas (unha galega e varias sudamericanas) non dan feito coa xente que se xunta alí, pero á “maitre” (ucraniana ou similar) fáltalle un traxe de coiro e unha fusta, porque trata á clientela cunha chulería imperdoable. Esta mesma opinión vina en páxinas onde se opina sobre os bares e a xente pon o local polas nubes pero o trato do persoal xenera unhas críticas realmente duras. E merecidas.
A carta limitada, pero cun pouco de todo a prezos asequibles. Se es galego e botas en M máis de 6 meses, recoméndoche visitalo (antes non, cando se sae da casa é para descubrir cousas distintas e aprehender).
Fuxindo apenas uns metros da praza turística por antonomasia de M (Santa Ana), en dirección á Porta do Sol atopamos unhas pequenas rúas que lembran moito á zona de viños de Pontevedra (ou ó que queda dela). Nese percorrido zigzagueante (antes mesmo da inxesta de espirituoso algún) atopamos en primeiro lugar, La Fragua de Vulcano (nunha esquina ben xeitosiña na rúa do Gato, á beira dos famosos espellos de Valle-Inclán). Carta escueta e comprensible, prezos superasequibles comparado co que che clavan 50 metros máis arriba e cociña caseira. Na carta avisan que productos son de cociña e que productos de freidora. Unha ración de calamares supón unha tarefa titánica para unha soa persoa e a tortilla é tortilla de verdade (algún día falarei das tortillas andaluzas). Por 5 euros podes tomar unha bandexa de paella que máis che vale levar un “tuper” para gardar a metade para o día seguinte. Debe estar boa porque despachan toneladas a diario, eu non podo opinar porque non me atrevo á vista das cantidades inxentes que sirven. Bastante fixen con tentar rematar unha ración de calamares que, finalmente, non conseguín deixar valeira.
Outra cuestión que puntúa a favor deste bar, ao pedir unha caña póñenche unha RACIÓN de salpicón que che quita a fame. Chapeau!!
O local está decorado ao estilo do século XVII salvo unha enorme pantalla
de TV de plasma. Na miña primeira visita había uns ianquis sacando fotos dunha das corridas de San Isidro que puñan na tele. Adoitan poñer flamenco bo como música de fondo, pero no momento en que empeza un partido do Real Madrid desaparece toda esa encantadora atmósfera tradicional e rebéntanche a cabeza co partido a todo gas. Mala cousa para un culé.
Serpenteando por un par de rúas máis neste parque temático da hostelería chégase á rúa Cádiz, onde se atopa Lola La Piconera, o “bar más grande del mundo, entras por Cádiz y sales por Barcelona” (así di na porta, referíndose ás dúas rúas nas que fai esquina). Vermouth de grifo bo e para picar unha boa e rica variedade de tostas. Os calamares son quizáis mellores que no anterior e a ración máis asequible para estómagos normais. Está apenas a uns 200 metros da Porta do Sol, por se algún fin de ano queredes sair na tele e vos entra a fame de súpeto.
Imos dar un grande salto ata a outra punta “do centro”. No marchoso e fermoso barrio de Malasaña, nunha lateral da rúa do Pez, está La Copla. Un bar que aparenta ter 100 anos, con ambientación acorde ao nome (paredes cheas de fotos firmadas de actrices, músicos e raiñas da copla) e grandes tinas de aceite xenuinas. Tapeo andaluz de calidade, para sentirse como en calquera vila da baía de Cádiz, falta a brisa mariñeira. Por suposto, bo vermouth de grifo e unhas “tortitas de camarones y boquerones” que nada teñen que envidiar ás que se poidan comer en Sanlúcar. Pola zona hai auténticas reliquias históricas como Casa Julio, que parece que vaia virse abaixo en calquera momento. Ademáis, algún bar onde atopar unha ducia de vellos sufrindo polo seu Atlético de Madrid e lembrando os gloriosos tempos de Jesús Gil.
E isto é todo. Tan so son catro os bares que me atrevo a recomendar en Madrid, pero é que tampouco me adico a ir de bar en bar. O meu é o turismo culturo-arquitectónico para recollerme esgotado ao hotel onde ceo frugalmente (o peto e o bandullo non resistirían andar de cañas, vermouths e tapas 2 ou 3 días á semana).
Nembargantes, tentarei ampliar esta lista.
Non hai máis remedio que patear rúas e, algunha vez “pagar o pato” para descubrir que á beira de bares megacarísimos con prezos de parque temático hai outros que por prezos normais sirven unhas racións aceptables.
A mina primeira prioridade na busca de establecementos onde calmar a sede e a fame é que neles se sirva vermouth de grifo (si, como a cervexa). A partir daí, cociña caseira sen inventos para guiris.
Saíndo do Museo del Prado basta con cruzar a avenida para entrar na rúa Huertas, a rúa máis marchosa de M, con ducias de bares de tapas, de copas e locais con música en directo (especialmente jazz e blues, o que máis teño consumido. Algún día teño que meterme nun tablao…). Case no inicio está o Bar Maceiras, unha taberna galega onde te podes sentir como se estiveras na festa do queixo de Arzúa ou na da Vincha en Cerdedo. A uns metros, nun calexón lateral está o orixinario, máis pequeno e menos invadido por guiris. Ambiente de feira, música galega (folk e folclórica, de todo. Falta Andrés do Barro) a un volume alto que obriga a falar ben alto como se estiveras na festa dos callos en Mosteiro. Todo moi rústico, prezos asequibles e decoración moi lograda (aínda que se parece máis ó parque da Warner que ó faiado da miña avoa). A grande pega deste local é o insoportable trato do persoal. As rapazas (unha galega e varias sudamericanas) non dan feito coa xente que se xunta alí, pero á “maitre” (ucraniana ou similar) fáltalle un traxe de coiro e unha fusta, porque trata á clientela cunha chulería imperdoable. Esta mesma opinión vina en páxinas onde se opina sobre os bares e a xente pon o local polas nubes pero o trato do persoal xenera unhas críticas realmente duras. E merecidas.

A carta limitada, pero cun pouco de todo a prezos asequibles. Se es galego e botas en M máis de 6 meses, recoméndoche visitalo (antes non, cando se sae da casa é para descubrir cousas distintas e aprehender).
Fuxindo apenas uns metros da praza turística por antonomasia de M (Santa Ana), en dirección á Porta do Sol atopamos unhas pequenas rúas que lembran moito á zona de viños de Pontevedra (ou ó que queda dela). Nese percorrido zigzagueante (antes mesmo da inxesta de espirituoso algún) atopamos en primeiro lugar, La Fragua de Vulcano (nunha esquina ben xeitosiña na rúa do Gato, á beira dos famosos espellos de Valle-Inclán). Carta escueta e comprensible, prezos superasequibles comparado co que che clavan 50 metros máis arriba e cociña caseira. Na carta avisan que productos son de cociña e que productos de freidora. Unha ración de calamares supón unha tarefa titánica para unha soa persoa e a tortilla é tortilla de verdade (algún día falarei das tortillas andaluzas). Por 5 euros podes tomar unha bandexa de paella que máis che vale levar un “tuper” para gardar a metade para o día seguinte. Debe estar boa porque despachan toneladas a diario, eu non podo opinar porque non me atrevo á vista das cantidades inxentes que sirven. Bastante fixen con tentar rematar unha ración de calamares que, finalmente, non conseguín deixar valeira.
Outra cuestión que puntúa a favor deste bar, ao pedir unha caña póñenche unha RACIÓN de salpicón que che quita a fame. Chapeau!!
O local está decorado ao estilo do século XVII salvo unha enorme pantalla
de TV de plasma. Na miña primeira visita había uns ianquis sacando fotos dunha das corridas de San Isidro que puñan na tele. Adoitan poñer flamenco bo como música de fondo, pero no momento en que empeza un partido do Real Madrid desaparece toda esa encantadora atmósfera tradicional e rebéntanche a cabeza co partido a todo gas. Mala cousa para un culé.Serpenteando por un par de rúas máis neste parque temático da hostelería chégase á rúa Cádiz, onde se atopa Lola La Piconera, o “bar más grande del mundo, entras por Cádiz y sales por Barcelona” (así di na porta, referíndose ás dúas rúas nas que fai esquina). Vermouth de grifo bo e para picar unha boa e rica variedade de tostas. Os calamares son quizáis mellores que no anterior e a ración máis asequible para estómagos normais. Está apenas a uns 200 metros da Porta do Sol, por se algún fin de ano queredes sair na tele e vos entra a fame de súpeto.