Hoxe decido facer unha pequena disección á zona da Porta do Sol en sentido Oeste-Este.
Tras unha hora de interminables atascos en bus (que cómodo era M en verán, vaia se se nota) consigo botar pe a terra en Callao para deixarme esvarar costa abaixo cara o principio da rúa Arenal. Fuxo do bullicio de Preciados meténdome por unha lateral na que atopo unha especie de zoo privado. Unha tenda de animais cunha exposición no soto á que se pode acceder previo pago de 2 euros. Anuncian, entre outras maravillas, unha tortuga de non sei cantos centos de anos (miña pobre, centos de anos metida nun soto do centro de Madrid).
Dou un lento paseo por Arenal mirando as fachadas dos edificios, práctica que lle pode crear ao paseante a sensación de estar percorrendo un camposanto; todos os edificios teñen a súa placa de mármol cun “aquí residió y falleció…”. Vexo a de Ruperto Chapí, o toreiro Frascuelo, non sei que recoñecido histiólogo, o rato Pérez...
Tras unha hora de interminables atascos en bus (que cómodo era M en verán, vaia se se nota) consigo botar pe a terra en Callao para deixarme esvarar costa abaixo cara o principio da rúa Arenal. Fuxo do bullicio de Preciados meténdome por unha lateral na que atopo unha especie de zoo privado. Unha tenda de animais cunha exposición no soto á que se pode acceder previo pago de 2 euros. Anuncian, entre outras maravillas, unha tortuga de non sei cantos centos de anos (miña pobre, centos de anos metida nun soto do centro de Madrid).
Dou un lento paseo por Arenal mirando as fachadas dos edificios, práctica que lle pode crear ao paseante a sensación de estar percorrendo un camposanto; todos os edificios teñen a súa placa de mármol cun “aquí residió y falleció…”. Vexo a de Ruperto Chapí, o toreiro Frascuelo, non sei que recoñecido histiólogo, o rato Pérez...Si, o rato Pérez, qué pasa. O que non vexo por ningures é unha plaquiña que diga “Aquí falleció a los 47 años Fulano de Tal, tras 41 años de penosos trabajos como peón en la construcción de algunos de los impresionantes edificios y avenidas de esta ciudad, procurando mantener 8 hijos, una mujer enferma, una suegra y un cuñado epiléptico”. Non teño visto nada semellante. Iso si, o rato Pérez e o Can Paco teñen os seus recoñecementos nas fachadas de M.
A tendencia natural cando un pasea (máis que nada para conservación das cervicais) é ir parmando co que un topa á altura dos seus ollos. Eu, desde que cheguei aquí, percorro sempre as grandes avenidas e incluso as pequenas rúas mirando ás cornisas, cúpulas, torres, tellados, remates e balcóns das alturas. Coido que alguén cunha mínima afición arquitectónica podería percorrer a cidade durante semanas só contemplando as impresionantes obras de arte que algún día colgaron no ceo de M. (de feito eu fágoo, e aínda non batín coa testa en ningunha farola nin pisei merda de can algunha. Iso sí, unha vez case levo por diante un anano con cara de lituano). Todo isto ven a conto de que, entre a visión normal a ras de terra e a que disfrutamos “os cheiranubes”, atópanse as zonas intermedias das fachadas. Aí é onde se poden atopar todas esas plaquiñas a milleiros de persoeiros (fundamentalmente de ámbito exclusivamente local), rótulos das máis insospeitadas actividades (como o “Hospital de monecas” de Preciados), bandeiras do arco da vella e centos, miles, millóns deses horrorosos cartaces laranxa fosforito que dan a entender que “Madrid Se Vende”. Desde logo, os prezos inmobiliarios non serán por falla de oferta, a cuestión é se os propietarios de todos eses pisos son especuladores que só están dispostos a vender a prezo de ouro.
Estóume desviando do paseo. En Arenal,8 entro nunhas galerías para ver a pequena estatua coa que lembrán que alí “vivíu” o rato Pérez (te lo juro por snoopy, tía). Prosigo paseo por debaixo do reloxo de Ramón García e Ana Obregón para comprobar que o centro xeográfico da península segue estando diante do despacho da Espe. Aí segue, os separatistas cataláns aínda non conseguiron levar a placa do kilómetro 0 para as Ramblas (porque están ao axexo Pedro J. e Federico, que se non…).
Antes entro en “La Mallorquina” (pastelería vella-antiga-tradicional onde as haxa) disposto a probar a delicatessen máis típica que teñan. Vexo que teñen toneladas de milanesas nas vitrinas, así que sucumbo á tentación de tomar unha lambetada por primeira vez tras 6 meses en M (estou facendo unha labor de investigación ¿ou?). Dou un lento paseo atravesando a Porta do Sol mentras disfruto unha riquísima milanesa de crema que me custou ¡¡¡ 1 EURO!!!. E eu que pensaba que en M non se pode mercar por 1 euro outra cousa que non sexa un billete de metro. Iso si, sería a metade das que adoitan servir en Galiza, pero a ración é suficiente para quen só pretende darse un pequeno gustazo e non pode abusar das lambetadas (e se non, sacade outro euro máis).
Continuo roteiro pola Carrera de San Jerónimo onde atopo outro lugar tradicional do vello M. Trátase do restaurante-pastelería-chacinería Lhardy, do ano catapún e realmente fermoso. Dentro teñen un aparador duns cen anos onde te podes servir tazas de consomé quentiño e deduzo que chupiños (véxoo cheo de copiñas e con botellas que parecen de licor). Moito pijerío de gomina e traxe estreito dentro, deixo a inspección para outro día porque vou so e sentiríame demasiado ridículo no meu papel de guiri con bolsiño e guía de M. na man.
A tendencia natural cando un pasea (máis que nada para conservación das cervicais) é ir parmando co que un topa á altura dos seus ollos. Eu, desde que cheguei aquí, percorro sempre as grandes avenidas e incluso as pequenas rúas mirando ás cornisas, cúpulas, torres, tellados, remates e balcóns das alturas. Coido que alguén cunha mínima afición arquitectónica podería percorrer a cidade durante semanas só contemplando as impresionantes obras de arte que algún día colgaron no ceo de M. (de feito eu fágoo, e aínda non batín coa testa en ningunha farola nin pisei merda de can algunha. Iso sí, unha vez case levo por diante un anano con cara de lituano). Todo isto ven a conto de que, entre a visión normal a ras de terra e a que disfrutamos “os cheiranubes”, atópanse as zonas intermedias das fachadas. Aí é onde se poden atopar todas esas plaquiñas a milleiros de persoeiros (fundamentalmente de ámbito exclusivamente local), rótulos das máis insospeitadas actividades (como o “Hospital de monecas” de Preciados), bandeiras do arco da vella e centos, miles, millóns deses horrorosos cartaces laranxa fosforito que dan a entender que “Madrid Se Vende”. Desde logo, os prezos inmobiliarios non serán por falla de oferta, a cuestión é se os propietarios de todos eses pisos son especuladores que só están dispostos a vender a prezo de ouro.
Estóume desviando do paseo. En Arenal,8 entro nunhas galerías para ver a pequena estatua coa que lembrán que alí “vivíu” o rato Pérez (te lo juro por snoopy, tía). Prosigo paseo por debaixo do reloxo de Ramón García e Ana Obregón para comprobar que o centro xeográfico da península segue estando diante do despacho da Espe. Aí segue, os separatistas cataláns aínda non conseguiron levar a placa do kilómetro 0 para as Ramblas (porque están ao axexo Pedro J. e Federico, que se non…).
Antes entro en “La Mallorquina” (pastelería vella-antiga-tradicional onde as haxa) disposto a probar a delicatessen máis típica que teñan. Vexo que teñen toneladas de milanesas nas vitrinas, así que sucumbo á tentación de tomar unha lambetada por primeira vez tras 6 meses en M (estou facendo unha labor de investigación ¿ou?). Dou un lento paseo atravesando a Porta do Sol mentras disfruto unha riquísima milanesa de crema que me custou ¡¡¡ 1 EURO!!!. E eu que pensaba que en M non se pode mercar por 1 euro outra cousa que non sexa un billete de metro. Iso si, sería a metade das que adoitan servir en Galiza, pero a ración é suficiente para quen só pretende darse un pequeno gustazo e non pode abusar das lambetadas (e se non, sacade outro euro máis).
Continuo roteiro pola Carrera de San Jerónimo onde atopo outro lugar tradicional do vello M. Trátase do restaurante-pastelería-chacinería Lhardy, do ano catapún e realmente fermoso. Dentro teñen un aparador duns cen anos onde te podes servir tazas de consomé quentiño e deduzo que chupiños (véxoo cheo de copiñas e con botellas que parecen de licor). Moito pijerío de gomina e traxe estreito dentro, deixo a inspección para outro día porque vou so e sentiríame demasiado ridículo no meu papel de guiri con bolsiño e guía de M. na man.O roteiro continúa camiño do Congreso dos Deputados, pasando pola pequena praziña de Canalejas. Esta praza merece unha pequena parada, entusiasmóume desde a primeira vez que a pisei. A primeira vista é unha diminuta praza pola que podes pasar sen decatarte de que existe. Moito bullicio do tráfico e está invadida por unha pseudoestación de buses, pero hai unha terraciña dun deses “cafés vellos” e un par de sastrerías, camiserías e tendas de garabatas que lle dan un ar londinense á praza, incrementado polo fondo dos buses vermellos, as barandillas metálicas das beirarrúas e os edificios que forman a praza. 
Cada vez que atraveso por aquí dedico uns minutos a empaparme da arte da arquitectura (eu, que podo parmar mirando un simple monolito mentras penso nas xentes que o ergueron hai miles de anos e que neste intre estou a contemplar a súa OBRA, aínda que non teñan plaquiñas cos seus nomes: Aquí reposan Ug e Jar, a quen lles dou por erquer aquí este pedrolo tras empuxalo durante 3 meses e despois liáronse a pedradas por un coello que pasaba por aquí, ata morrer coas cabezas desfeitas. ¿Acaso os inventores da lapidación espontánea non merecen unha plaquiña ou unha estatua tanto como Carlos III?).
Detrás desta praza, en Pozo 8, está a Pasteleria del Pozo, a máis antiga de M. Tras disfrutar contemplando a fachada prosigo coa miña labor investigadora e, facendo un serio esforzo, gasto ¡¡¡3,5 euros!!! nunha suposta “empanadilla de atún”. Non vou comentar o producto en si por respeto ao gremio dos comerciantes tradicionais da “Villa e Corte” (o de Corte no bo sentido, quede claro). Conste que a lambetada non está mal, pero non resistiría comparacións con calquera das súas primas que podemos degustar en pastelerías galegas pola cuarta parte de prezo. Grande decepción despois do que me custou sacar do peto eses 3,5 euros que en PO me darían para media empanada pequena. En fin “pelillos a la mar” e sigamos viaxe. Continuo paseo cara o Congreso onde están en plena liorta entre separatistas e defensores da Unidad da España Indisoluble, sacando todos as camisolas das súas respectivas seleccións de fútbol a ver quen a ten máis grande. E os votantes facendo números para pagar a hipoteca e o material escolar. Sí señor, os nosos representantes sempre cos pés no chan en contacto cos problemas da cidadanía.
O frontón da fachada é fermoso, impresionante. Hoxe paso á beira dos leóns para velos de cerca (sempre pasaba enfrente para abarcar coa vista todo o conxunto). Prantáronos aí en 1872, tras fundilos co bronce duns cañóns “capturados ao inimigo” na batalla de Wad-Rass (Guerra de África, 1860. O de Perejil xa viña de máis atrás). Perto da escalinata hai no chan unhas tapas metálicas que ocultan debaixo conectores para as diferentes cadeas de TV e axencias informativas (para toma de enerxía e envío de sinal, supoño que á zona de prensa do Congreso, que está a uns 30 metros).
Fronte ao Congreso hai un carrillón con figuras goiescas móviles e articuladas que funciona cada tarde ás 8. Ten dúas fileiras de 9 campás que interpretan “unha das estacións” de Vivaldi. Quedo a contemplar o espectáculo (hai unhas 30 personas máis agardando a velo, ningún xaponés) e ao rematar fuxo destas rúas que se adiviñan excesivamente tranquilas (en media hora comeza no Bernabéu o primeiro partido da Champións, estarán todos alí).

Cada vez que atraveso por aquí dedico uns minutos a empaparme da arte da arquitectura (eu, que podo parmar mirando un simple monolito mentras penso nas xentes que o ergueron hai miles de anos e que neste intre estou a contemplar a súa OBRA, aínda que non teñan plaquiñas cos seus nomes: Aquí reposan Ug e Jar, a quen lles dou por erquer aquí este pedrolo tras empuxalo durante 3 meses e despois liáronse a pedradas por un coello que pasaba por aquí, ata morrer coas cabezas desfeitas. ¿Acaso os inventores da lapidación espontánea non merecen unha plaquiña ou unha estatua tanto como Carlos III?).
Detrás desta praza, en Pozo 8, está a Pasteleria del Pozo, a máis antiga de M. Tras disfrutar contemplando a fachada prosigo coa miña labor investigadora e, facendo un serio esforzo, gasto ¡¡¡3,5 euros!!! nunha suposta “empanadilla de atún”. Non vou comentar o producto en si por respeto ao gremio dos comerciantes tradicionais da “Villa e Corte” (o de Corte no bo sentido, quede claro). Conste que a lambetada non está mal, pero non resistiría comparacións con calquera das súas primas que podemos degustar en pastelerías galegas pola cuarta parte de prezo. Grande decepción despois do que me custou sacar do peto eses 3,5 euros que en PO me darían para media empanada pequena. En fin “pelillos a la mar” e sigamos viaxe. Continuo paseo cara o Congreso onde están en plena liorta entre separatistas e defensores da Unidad da España Indisoluble, sacando todos as camisolas das súas respectivas seleccións de fútbol a ver quen a ten máis grande. E os votantes facendo números para pagar a hipoteca e o material escolar. Sí señor, os nosos representantes sempre cos pés no chan en contacto cos problemas da cidadanía.
O frontón da fachada é fermoso, impresionante. Hoxe paso á beira dos leóns para velos de cerca (sempre pasaba enfrente para abarcar coa vista todo o conxunto). Prantáronos aí en 1872, tras fundilos co bronce duns cañóns “capturados ao inimigo” na batalla de Wad-Rass (Guerra de África, 1860. O de Perejil xa viña de máis atrás). Perto da escalinata hai no chan unhas tapas metálicas que ocultan debaixo conectores para as diferentes cadeas de TV e axencias informativas (para toma de enerxía e envío de sinal, supoño que á zona de prensa do Congreso, que está a uns 30 metros).Fronte ao Congreso hai un carrillón con figuras goiescas móviles e articuladas que funciona cada tarde ás 8. Ten dúas fileiras de 9 campás que interpretan “unha das estacións” de Vivaldi. Quedo a contemplar o espectáculo (hai unhas 30 personas máis agardando a velo, ningún xaponés) e ao rematar fuxo destas rúas que se adiviñan excesivamente tranquilas (en media hora comeza no Bernabéu o primeiro partido da Champións, estarán todos alí).
Volve sobre os meus pasos camiño das entrañas da Terra en Callao.
Ata outra.
4 comentarios:
Continuo co mesmo do artigo anterior, ese azul eléctrico: ¡non se lee!
A próxima vez que vaia a Madrid, temes que amosar todo eso, sei que con os nenos e difícil pero o do carillón debe ser interesante e o do Rato Pérez tamén....
Por certo, na Devesa con 3.5 euros podes mercar case 4 empanadillas (con 10 centimos mais que arrimes) do que te pete: bonito, xamón e queso, pollo, carne e hasta de zamburiñas,...
Ois, Roberto, non estarás a pasar fame. Se queres envíoche un paquete con queixo e chouriziños de Cerdedo.
saúdos composteláns
Coño non é fame. Pero isto de ter que pagar prezos da city co meu salario do terceiro mundo...
O da hostelería aquí en M é un auténtico atraco a man armada.
Do resto non hai queixa.
E por certo... o paquetiño de chourizos de Cerdedo xa o teño; un día destes sácollo a estes a ver como alucinan.
Publicar un comentario