Decido aproveitar unha das miñas últimas tardes libres para visitar Alcalá. Pero o gremio da banca (ai, a banca!!) impídemo. Ao querer sacar cartos no único caixeiro que teño nun kilómetro á redonda, somentes da billetes de 50. ¡A ver quen é o guapo que ten narices de poñerlle un billete de 50 diante dos fociños a un conductor de autobús madrileño!!!!!! Ademáis, pasan 3 buses cara o centro antes de que vexa un que me leve cara o meu destiño e cánsome de agardar.
Así que nada, cambiamos de liña de bus; non parece mal día para ir visitar o Museo Antropolóxico. Baixo á beira do Retiro para ir dando un paseíño por todo el ata o fondo, camiño do museo (está unha tarde caralluda e posiblemente non dispoña doutra semellante no inverno que se bota enriba). Esta sensación de ser a miña última visita ao Retiro imponme a obriga de tomar unha horchata nunha das terrazas con vistas ao estanque.
Paso pola entrada ao parque desde o Caserón del Buen Retiro, onde vexo unhas árbores podadas con forma de miolos (nunca tal vira) e continúo un lento paseo pola “fraga da lembranza” (en memoria das víctimas do 11M), rodeando o fermosísimo Palacio de Cristal. Sigo baixando (en todos os sentidos, pois vou costa abaixo e en dirección sur) pasando a carón do Observatorio Astronómico, que está nun outeiriño que hai 50 anos debía ter unhas vistas caralludas sobre a estación de Atocha cara todo o sur da provincia.
Outro chasco. Chego ao museo e resulta que está en obras e as dúas únicas saas visitables pechan en media hora (non o entendo, aínda son as seis). Así pois, segundo cambio de plans da tarde; iremos botar un vistazo ao Reina Sofía, á outra beira da estación.
Á beira do Museo Antropolóxico paso diante do Ministerio de Agricultura, un edificio espectacular de finais do XIX que agora “ocupa” unha galega (Elena Espinosa), atravesando a rotonda de Atocha. Mi madriña, isto si que é desenrolo: unha rotonda de seis carrís; quen nola dera no centro de PO (non podo evitar unha lembranza para as pelis españolas dos 60, con Tony Leblanc dando voltas cun motocarro arredor desas enormes rotondas ao son dunha música tipo “parabarabaaaaaaa”).
Fronte á estación, o Diamante (o rei dos bocatas de calamares). Paso por diante lembrando a miña primeira visita a Madrid, con 17 anos e formando parte dun grupo de adolescentes con gañas de carallada. Pasamos unha semana comendo racións de medio polo asado con patacas fritas aquí mesmo, e a graza que nos facía que se comese de pé nunhas barras pegadas á parede. ¡¡Cando es novo faiche graza cada paxarada!!
Ao chegar fronte ao Reina Sofía decátome de que as visitas a lugares pechados podo deixalas para as escuras tardes de inverno (terá calefacción,digo eu); así que volvo a cambiar de plans e voume costa arriba (bordeando Lavapiés) camiño de Santa Ana.
¿Cantas veces cambiei xa de destiño hoxe? Non sei por que, vénme á mente a administración de lotería de Doña Manolita. Está alá no alto, no medio da Gran Vía, pero non teño nada que facer, así que cara alá me dirixo agora.
Vou bordeando a rúa Huertas (xa a teño moi vista) para percorrer outras paralelas polas que non teño pasado. No número 34 da rúa Sta. María atopo un comercio de instrumentos musicais, pero xuraría que no escaparate hai toda unha variedade de aparatos (novos e usados) que de seguro non se poden atopar nunha tenda normal. Moi étnico todo. Igual que varios comercios moi “curiosos” que atopo pola zona, como as tendas de segunda man baixo o nome de Vintage, que o fai máis “pijo”. Hai unhas cantas entre Santa Ana, Chueca e Fuencarral. ¡Canta xente hai nesta cidade vivindo do conto! O que da de si isto de ser a “Capital del reino”.
Nunha paralela á praza de Santa Ana mesmo atopo unha desas lavanderías das pelis americanas (lavadora 3 eur, secadora 1 eur). Tomo nota do enderezo (León, 6) por se acabase recluído nesta cidade a longo prazo e preciso dos seus servizos. Tanto camiñar ábreme o apetito e lembro a pastelería La Mallorquina (Puerta del Sol), coas súas rosquillas listas e rosquillas tontas (curiosa diferenciación, probareinas algún día a ver). Pero queda lonxe, así que continúo roteiro en pos da lotería de Nadal que, de seguro, non ha de deparar sorpresas un ano máis.
Entro na praza de Santa Ana e atopo unha dotación de antidisturbios ben armados de cascos, escudos e fusís lanzapelotas. A praza está invadida por unha marea de loiros tentando rematar coas existenzas de cervexa do país. Case todos teñen a cara tan vermella como as camisetas que levan, polo visto son hooligans dun equipo holandés que ven xogar a Champions co Xetafe (en vez de deixar os cartos alí en Xetafe... a ver de que lle vai servir isto da Champions). A praza está feita unha auténtica merda, chea de latas de cervexa e bolsas de plástico. Son caralludos estes nórdicos, van mercar o material aos ultramarinos dos chinos e séntanse con todo o morro a consumilo nas terrazas máis caras de Santa Ana. Os camareiros afanándose por barrer e recoller (hai un só barrendeiro e parece non saber por onde empezar a limpar). Ésta debe ser a famosísima e envidiada educación norteuropea. Haberá que tomar nota, aínda vai resultar que o botellón o inventaron os hooligans do norte.
Chego á porta da administración de lotería e entro asombradísimo. ¡Non hai ninguén facendo cola, a tres meses para o sorteo de Nadal! Será que hoxe non hai excursións de xubilados en M. Eu que viña contando con tragar media horiña de cola como pouco (porque sei que meu pai está a piques de encargarme o decimiño de cada ano e que non se diga, este ano de Doña Manolita). Pido dous décimos sen fixarme neles ata que saio á rúa. Este ano non toca tampouco: é o número 63966. A ver que cara lle pon meu pai.
Aínda son as sete e decido alongar o paseo, quizáis unha volta pola Calle Mayor ata a Almudena, que hai anos que non dou un paeo por esa rúa.
Pero iso queda para outra crónica, por agora abonda.
Así que nada, cambiamos de liña de bus; non parece mal día para ir visitar o Museo Antropolóxico. Baixo á beira do Retiro para ir dando un paseíño por todo el ata o fondo, camiño do museo (está unha tarde caralluda e posiblemente non dispoña doutra semellante no inverno que se bota enriba). Esta sensación de ser a miña última visita ao Retiro imponme a obriga de tomar unha horchata nunha das terrazas con vistas ao estanque.

Paso pola entrada ao parque desde o Caserón del Buen Retiro, onde vexo unhas árbores podadas con forma de miolos (nunca tal vira) e continúo un lento paseo pola “fraga da lembranza” (en memoria das víctimas do 11M), rodeando o fermosísimo Palacio de Cristal. Sigo baixando (en todos os sentidos, pois vou costa abaixo e en dirección sur) pasando a carón do Observatorio Astronómico, que está nun outeiriño que hai 50 anos debía ter unhas vistas caralludas sobre a estación de Atocha cara todo o sur da provincia.
Outro chasco. Chego ao museo e resulta que está en obras e as dúas únicas saas visitables pechan en media hora (non o entendo, aínda son as seis). Así pois, segundo cambio de plans da tarde; iremos botar un vistazo ao Reina Sofía, á outra beira da estación.
Á beira do Museo Antropolóxico paso diante do Ministerio de Agricultura, un edificio espectacular de finais do XIX que agora “ocupa” unha galega (Elena Espinosa), atravesando a rotonda de Atocha. Mi madriña, isto si que é desenrolo: unha rotonda de seis carrís; quen nola dera no centro de PO (non podo evitar unha lembranza para as pelis españolas dos 60, con Tony Leblanc dando voltas cun motocarro arredor desas enormes rotondas ao son dunha música tipo “parabarabaaaaaaa”).Fronte á estación, o Diamante (o rei dos bocatas de calamares). Paso por diante lembrando a miña primeira visita a Madrid, con 17 anos e formando parte dun grupo de adolescentes con gañas de carallada. Pasamos unha semana comendo racións de medio polo asado con patacas fritas aquí mesmo, e a graza que nos facía que se comese de pé nunhas barras pegadas á parede. ¡¡Cando es novo faiche graza cada paxarada!!
Ao chegar fronte ao Reina Sofía decátome de que as visitas a lugares pechados podo deixalas para as escuras tardes de inverno (terá calefacción,digo eu); así que volvo a cambiar de plans e voume costa arriba (bordeando Lavapiés) camiño de Santa Ana.
¿Cantas veces cambiei xa de destiño hoxe? Non sei por que, vénme á mente a administración de lotería de Doña Manolita. Está alá no alto, no medio da Gran Vía, pero non teño nada que facer, así que cara alá me dirixo agora.
Vou bordeando a rúa Huertas (xa a teño moi vista) para percorrer outras paralelas polas que non teño pasado. No número 34 da rúa Sta. María atopo un comercio de instrumentos musicais, pero xuraría que no escaparate hai toda unha variedade de aparatos (novos e usados) que de seguro non se poden atopar nunha tenda normal. Moi étnico todo. Igual que varios comercios moi “curiosos” que atopo pola zona, como as tendas de segunda man baixo o nome de Vintage, que o fai máis “pijo”. Hai unhas cantas entre Santa Ana, Chueca e Fuencarral. ¡Canta xente hai nesta cidade vivindo do conto! O que da de si isto de ser a “Capital del reino”.
Nunha paralela á praza de Santa Ana mesmo atopo unha desas lavanderías das pelis americanas (lavadora 3 eur, secadora 1 eur). Tomo nota do enderezo (León, 6) por se acabase recluído nesta cidade a longo prazo e preciso dos seus servizos. Tanto camiñar ábreme o apetito e lembro a pastelería La Mallorquina (Puerta del Sol), coas súas rosquillas listas e rosquillas tontas (curiosa diferenciación, probareinas algún día a ver). Pero queda lonxe, así que continúo roteiro en pos da lotería de Nadal que, de seguro, non ha de deparar sorpresas un ano máis.
Entro na praza de Santa Ana e atopo unha dotación de antidisturbios ben armados de cascos, escudos e fusís lanzapelotas. A praza está invadida por unha marea de loiros tentando rematar coas existenzas de cervexa do país. Case todos teñen a cara tan vermella como as camisetas que levan, polo visto son hooligans dun equipo holandés que ven xogar a Champions co Xetafe (en vez de deixar os cartos alí en Xetafe... a ver de que lle vai servir isto da Champions). A praza está feita unha auténtica merda, chea de latas de cervexa e bolsas de plástico. Son caralludos estes nórdicos, van mercar o material aos ultramarinos dos chinos e séntanse con todo o morro a consumilo nas terrazas máis caras de Santa Ana. Os camareiros afanándose por barrer e recoller (hai un só barrendeiro e parece non saber por onde empezar a limpar). Ésta debe ser a famosísima e envidiada educación norteuropea. Haberá que tomar nota, aínda vai resultar que o botellón o inventaron os hooligans do norte.Chego á porta da administración de lotería e entro asombradísimo. ¡Non hai ninguén facendo cola, a tres meses para o sorteo de Nadal! Será que hoxe non hai excursións de xubilados en M. Eu que viña contando con tragar media horiña de cola como pouco (porque sei que meu pai está a piques de encargarme o decimiño de cada ano e que non se diga, este ano de Doña Manolita). Pido dous décimos sen fixarme neles ata que saio á rúa. Este ano non toca tampouco: é o número 63966. A ver que cara lle pon meu pai.
Aínda son as sete e decido alongar o paseo, quizáis unha volta pola Calle Mayor ata a Almudena, que hai anos que non dou un paeo por esa rúa.
Pero iso queda para outra crónica, por agora abonda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario