Hoxe comeza o inverno.
Porque si.
Porque me peta.
Porque acabo de rematar a miña última semana de vacacións e en Galiza rematou o bo tempo. Porque hai tres días que disfrutei da miña última sesión de piscina e sol. E porque estou de novo aquí... en MadriZ.
Ben. Realmente pódese dicir que rematou o verán. Ás 7 da tarde comeza o solpor, un solpor rápido, moito máis rápido que o indeciso atardecer das Rías Baixas. Aquí é día ou noite; estes madrileños non se andan con caralladas. Alá polo Noroeste... xa se sabe. Que si... que non... O sol debe ser galego porque pasa como unha hora vou non vou, coma o da escaleira.
En fin. Ao que íamos.
Pois nada, que levo case 6 meses na capital dos Austrias, dos Borbóns e dos Aznares. E o que non me decidín a facer cando cheguei aquí vouno facer agora. Contar as miñas andanzas “capitalinas”, máis que nada porque así poderei sentir algunha potencial-posible-hipotética compaña nestas inminentes noites de outono que adiviño longas e aburridas. Porque supoño que sen o sol das amadas tardes eternas de xuño non me han quedar gañas de patear cada centímetro de MadriZ durante dúas ou tres horas diarias. Ademais, podo dicir que a penas me queda recuncho ou rueiro que non pisara nestes pasados meses. E todo o que poida facer en diante será reandar o xa andado, e non parece moi procedente facer camiño onde xa o hai feito ¿ou?
Pois de aí, desas incansables sesións de sendeirismo urbano estival, sairá a información para irvos relatando nas vindeiras semanas (agardo, cando menos, seguir aquí polo Nadal e ver de preto a inevitable explosión consumista nunha grandísima cidade).
Para aclaración de “excesodetallistas e tocanapias” quero deixar claro que cando falo de MadriZ refírome á zona que pode facer diferente esta cidade de Vigo ou Santander. Para min, o interese das cidades está en catro rúas do centro (vale, aquí igual son seis ou sete) e o resto son barrios. A ver qué máis ten pasear por Ciudad Lineal ou por Cuatro Caminos que por Coia, O Burgo ou Fontiñas (deixando de lado a brisa e o cheiro a mar. Se se pode, claro).

En resume, o “meu MadriZ” vai do Parque do Oeste á Castellana (e, un chisco máis aló, o Retiro) e da Puerta de Toledo a Alberto Aguilera; engadámoslle quizais ese satélite de dubidoso bo gusto urbanístico que é a zona alta da Castellana (da praza Picasso aos novísimos rañaceos que marcan a fuxida polo Norte). O Bernabeu, mellor nin nomealo (vade retro).
Quizais alguén sinta curiosidade pola miña dispoñibilidade para o “pateo urbano” por MadriZ arriba e abaixo. Digamos simplemente que cheguei aquí un día de primavera por cuestións profesionais, deixando na Terra obrigas familiares e domésticas, e vivo (cal moderno moinante do século XXI), a cabalo entre un hotel, a T4 e a miña Pontevedriña (ai, esa praciña da Verdura) á que retorno cada venres pola tarde. Así pois, dedícolle á nobre arte de camiñar, horas que en circunstancias normais dedicaría a poñer lavadoras, recoller xoguetes, asaltar supermercados ou preparar merendas e vixiar potenciais caídas en tobogáns.
Dito doutra maneira, non tentedes reproducir as andanzas que aquí relatarei se a vosa vida é medianamente normal, pois a súa intensidade e extensión só son posibles para quen dispoña de media tarde diaria para deambular sen oficio nin beneficio (tocar ou facer que se toca a guitarra ou mesmo a pandereta en Preciados ou na Latina sempre pode ser máis lucrativo).
Coido que queda sobradamente explicada a xustificación deste blog que, máis que seguro, a ben poucos poderá interesar. Se acaso, agardo servir de guía a quen se vexa atrapado nesta inmensa urbe e precise de asesoramento turístico-hosteleiro-patrimonio-monumental (será por bares, xa veredes). O que busque trucos para aparcar axiña ou para ligar cos millóns de loiras americaniñas que invaden os hostais da Gran Vía en primavera, que probe sorte noutra parte.
Ah! E benvidos.

Aquí e a MadriZ
4 comentarios:
Enhoraboa, ¡ya son tempos! Unha suxerencia, se me o permites, eu mudaria o cor da letra do texto. Eu son dabondo agtismática e non vexo un carallo....¡perdoa!
Benvido!
Unha mágoa que non uses blogaliza.org e uses blogspot.com ...non se pode pedir tanto.
Un novo lector ;)
Todala culpa é miña. Coido que é mais doado de manter....
A letra está coa "cor nazonal" (se o me pós o fondo escuro...)
Respecto ao servidor, contaba con blogaliza, pero a deleguei eses temas na miña "asistente técnica" (que a ver se remata es cursiño de galego, porque...)
Apertas a todos e grazas pola multitudianria acollida.
Publicar un comentario